Martes. 16.04.2024
El tiempo

A #AxendaCostadaMorte pecha outubro con teatro, gastronomía, micoloxía e patrimonio

Última fin de semana de outubro que chega, de novo coa#AxendaCostadaMorte ben cargada. Se o FIOT mantén o pulso cun nivel cultural ben alto e esixente, teremos tamén gastronomía, monólogos, andainas, micoloxía, e patrimonio, co potente Simposio sobre a Translatio de Cereixo.

Ambiente no FIOT mentres se vota-Cris Becerra
O ambiente no FIOT mentres se vota é excepcional-Cris Becerra
A #AxendaCostadaMorte pecha outubro con teatro, gastronomía, micoloxía e patrimonio

Parte de Meteogalicia

A finde de semana teremos uns ceos con alternancia de nubes e claros, con nubes máis compactas o domingo, porque pode chegar unha fronte do Atlántico que pode deixar algunha precipitación. As temperaturas subirán lixeiramente entre os 15º e 21º.
No mar non haberá problemas, pero si que teremos un aviso por ventos fortes de sur que chegarán a forza 7.

FIOT

O 28º Festival Internacional Outono de Teatro afronta desde este venres a recta final da súa programación cun fin de semana ateigado de estreas absolutas e no país. Entre elas, destacan a representación, por vez primeira, de O electo, a nova produción de Contraproducións, grupo Focus e o FIOT, así como de Hamlet, que supón o regreso da Companhia do Chapitô a Carballo. Pero a fin de semana ben cargada, con ciclo OTNI, Microescenas, lecturas dramatizadas, e como non, o programa gastronómico Dalle un bocado ao FIOT.

Simposio sobre a Translatio

O programa o Teu Xacobeo, despois rotundo éxito das Xornadas Territorio Váker,trata de recuperar a potencia simbólica da cunha iconografía única, a máis antiga en pedra que se coñece. Faino cun simposio cos mellores especialistas do país de venres a sábado.

Máis citas teatreiras

- O venres comezan as sesións de monólogos con Sergio Pazos no RiXallas de Santa Comba.

- En clave televisiva, Muxía acollerá a proxección dun novo programa da TVG gravado na vila da Barca.

- Os veciños de Tella estrean na súa casa a obra “Cartos non hai”, durante a tarde do sábado.

- Na cita outonal cos monólogos, a Cee chega o sábado Alevino González, cos seus “contos de contrabando”.

- Non falla, a programación continua de Vimianzo, onde o sábado chega Contraproducións con “A compañeira de piso”.

- As Noites espectaculares de Carnota comezan este domingo con O Furancho, a partir das 19:00h..

Outras citas

- Unha das citas gastronómicas máis potentes da fin de semana é a XXIX Feira das Fabas de Ponteceso, durante o sábado e a mañá do domingo.

- A Asociación Lumieira abre este sábado as XII Xornadas Micolóxicas carballesas, cunha xornada de mañá e tarde.

- Camariñas, despois de aprazala a semanada, celebra este sábado a Danza Rosa en colaboración ao cancro de mama.

- A Asociación de Veciños de Serantes celebra o seu magosto.

- A Andaina Solidaria coa AECC de Cabana, que tivo que ser aprazada a semana pasada, celebraráse este sábado.
Tamén Cabana acolle un magosto e samaín na tarde do sábado na Escola de Cures, e unha Festa infantil Solidaria tamén a AECC o domingo:

- E o domingo toca unha nova ruta do Outono en Marcha de Senda Nova, pola Via Alcaianus, Coristanco.

EXPOSICIÓNS

  • Exposición dos maiores de Marcos Rodríguez en Liresca.
  • O Centro Cívico de Malpica acolle a exposición O Océano que nos une ata o 3 de novembro.
  • Manuel Valcarcel espón as súas fotografías do proxecto Auga no Museo do Terra de Xallas, ata o vindeiro 3 de novembro (de luns a sábado en horario de 10.30 a 13.30 h e de 16.30 a 18.30 h)
  • O Faro Vilán acolle a exposición de escultura "The expanded Area" dos artistas Nils Viga Hausken e Mats Gamdrup, que estará aberta durante o mes de outubro
  • A Tenda Turística Stoupa acolle a exposición de Mon Lendoiro ata o 31 de outubro, de martes a sábado de 12 a 14 h e 17 a 20h.
  • Galería Garabato de Carballo acolle a exposición Photografismos de Eduardo Ermida dende o sábado 21 de seyembro ata o 30 de outubro.
  • As Torres do Allo, en Zas, de luns a venres dende as 11:00 da mañá ás 20:00 da tarde; e o sábado e domingo amplíase este horario ata as 21:00 horas. A programación habitual:
    - Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia.
    - O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
    - Visitas teatralizadas todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

Comentarios