Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unha #AxendaCostadaMorte de verbena, compras, tapas e mar

Mercado das Rutas do Mar de Muxia-Foto-Rafa Quintans 2
Muxía vístese de Mercado das Rutas do Mar -Foto-Rafa Quintáns
Unha #AxendaCostadaMorte de verbena, compras, tapas e mar

Non dan praia para esta fin de semana de pleno agosto, así que cómpre buscarse cousas que facer. Ademais das verbenas, esta fin de semana temos sesión comercial en Baio ou festa histórica en Muxía, dúas das propostas que destacamos esta fin de semana.

Parte de Meteogalicia

Pasada a fronte do xoves, o aire frío arrastrado deixará tamén chuvascos ocasionais pola mañá e pola tarde, con ventos fortes do suoreste, sobre todo no mar. Unha mar que manterá o aviso por ondas de máis de 4 metros polo mar de fondo, que irá amainando ao longo da fin de semana.
Durante a noite de venres comezarán a amainarán os ventos, pero deixarán orballos.
O sábado será un día de transición, coa mañá de ceos cubertos e baixa a probabilidade de chuvia, sobre todo durante a tarde cando teremos algo máis de apertura de claros. Teremos ademais unha importante baixada de temperaturas que nos deixará sen estas noites chamadas “tropicais” con mínimas de 20º. As noites de sábado e domingo xa rondaremos os 15º.
Para o domingo formarase un corredor de isobaras no Atlántico que traerá humidade dende o mar, e coma sempre, seremos os primeiros en sufrir os ceos anubrados e algún que outro chuvasco intermitente.

Xornadas comercias e gastronómicas do Punto Rojo de Baio

Ruta de tapas, ofertas, rebaixas rebaixadas, sorteos… a vila de Baio ponse de moda co Punto Rojo, esas xornadas que poñen en valor o comercio local e que nos serven para disfrutar dunha fin de semana que… non dá para ir á praia.

XIII Mercado das Rutas do Mar de Muxía

Unha das citas máis especiais da fin de semana celébrase en Muxía en clave de historia. A vila trasládase a comezos do século pasado, cando era un fermoso mercado mariñeiro, e cuidadosamente engalanada acollerá actividades de rúa, postos de artesanía, de gastronomía…

Noite no Medievo

Outra das citas "históricas" da fin de semana dase en Cabana, coa Noite do Medievo, o casamento medieval e toda unha serie de actividades na aldea de Rioboo.

Vai de verbenas

Outras citas singulares

Semana de estrelas

Ademais, para comezar a vindeira semana teredes tres citas imprescindibles para disfrutar do espectáculo das Perseidas no mellor ceo de Europa, o da Costa da Morte:

EXPOSICIÓNS

  • Durante o mes de agosto a Liresca acolle unha exposición de arte crebeira de Mar de Fábula.
  • Faro Vilán acolle a exposición do artista alemán afincado en Malpica Peter Kramer.
  • Casa das Peritas volve abrir durante o verán a súa singular exposición en Mallas, Fisterra. A exposición poderá visitarse os sábados e domingos entre o 13 de xullo ao 31 de agosto en horario ininterrumpido de 12:00h a 21:00h
  • A Tenda Turística Stoupa acolle a exposición #36MesesStoupando para celebar o seu 3º aniversario, ata principios de setembro de martes a sábado de 12 a 14 h e 17 a 20h.
  • As Torres do Allo, en Zas, de luns a venres dende as 11:00 da mañá ás 20:00 da tarde; e o sábado e domingo amplíase este horario ata as 21:00 horas. A programación habitual:
    - Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia.
    - O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
    - Visitas teatralizadas todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

Comentarios