Martes. 16.04.2024
El tiempo

Baio acolle este sábado unha nova xormada de formación para novos árbitros

Baio acolle este sábado unha nova xormada de formación para novos árbitros
Imaxe dunha xornada de formacion arbitral da FGF Imaxe dunha xornada de formacion arbitral da FGF

No marco do II Programa de Desenvolvemento e Formación de Árbitros Xoves de Galicia”, Subdelegación do Comité Técnico de Árbitros de Fútbol na Costa da Morte será anfitrioa, este sábado 17 de marzo, dunha xornada de formación para árbitros/as xoves que traerá á Costa da Morte a unha selección dos/as árbitros/as xoves con maior proxección de Galicia.

A xornada arrincará ás 10 da mañá na sede da Federación Galega de Fútbol en Baio, e será o propio presidente do CTA, Bernardino González, quen dea a benvida e abra a xornada.

Durante a mañá, 27 árbitros/as de menos de 20 anos, que representan o futuro máis ilusionante do colectivo en Galicia, participarán nunha intensa xornada formativa, na que se enfrontarán a un test sobre regras de xogo e compartirán experiencias co adestrador Manuel Losada “Chollas”.

Xa pola tarde, a xornada volcarase nos contidos prácticos. En primeiro termo, o director técnico do CTA, Julio Amoedo, e o colexiado de Segunda División, Rubén Eiriz, darán unha charla sobre colocación no terreo de xogo durante o partido. Despois, estes apuntamentos teóricos analizaranse no campo, con unha clase práctica no campo Platas Reinoso na que tamén tomarán parte os árbitros asistentes de Segunda División Diego Sánchez e Roberto Vázquez.

A Subdelegación da Costa quere agradecer ao CTA a escolla de Baio como sede para esta xornada formativa, así como a todas aquelas persoas que colaboran para que esta xornada se desenvolva con normalidade, en especial ao Club Deportivo Baio, que facilitou o acceso ao seu campo de fútbol, así como ao Mesón Os Arcos e ao persoal que presta servizo nas dependencias do Centro Multiusos onde se sitúa a sede da Real Federación Galega de Fútbol en Baio.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios