Venres. 29.03.2024
El tiempo

Baio acolle a inauguración da II edición do Programa de Formación Universitaria para Maiores de 50 anos

A presentación do novo curso será este mércores. Están matriculados 65 alumnos e alumnas procedentes de 12 concellos da Costa da Morte.

Presentacion da Universidade Senior en Zas 2019
Presentacion da Universidade Senior en Zas 2019
Baio acolle a inauguración da II edición do Programa de Formación Universitaria para Maiores de 50 anos

O Centro Sociocultural de Baio acolle mañá mércores, a partir das 17.00 horas, a inauguración da segunda edición do Programa de Formación Universitaria para Maiores de 50 anos da Costa da Morte, nas que xa están matriculados 65 alumnos e alumnas procedentes de 12 concellos.

O acto de inauguración das Xornadas contará coa presencia da Directora da Universidade Sénior, Dna. Matilde García Sánchez e de D. Manuel Muíño Espasandín, Alcalde de Zas e Presidente do GDR “Costa da Morte.

Con estas Xornadas, a Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, en colaboración co GDR “Costa da Morte”, da continuidade ao programa iniciado o pasado ano, cun programa de formación específico para os adultos maiores da Costa da Morte que se desenvolverá nos meses de marzo a maio, no Centro Sociocultural de Baio.

O programa aséntase sobre unha idea fundamental: a Sustentabilidade e consta de tres módulos, impartidos por profesorado da Universidade da Coruña, que abordarán a través de sesións teóricas e sesións prácticas ou saídas de campo, as seguintes temáticas e calendario:

MÓDULO I. Sustentabilidade Social e Económica. 27 e 28 de marzo, e 3 e 4 de abril de 2019

  • 27 de marzo de 17 a 19 h. . Economía. Prof. Juan Manuel Sánchez Quinzá
  • 28 de marzo de 17 a 19 h. Socioloxía. D. José Antonio Cortés Vázquez
  • 3 de abril de 17 a 19 h. Patrimonio e Sustentabilidade. Prof. Fernando Agrasar Quiroga.
  • 4 de abril, de 10:30 a 13:30 horas. Patrimonio e Sustentabilidade. Visita a Muxía.

MÓDULO II. Sustentabilidade Ambiental. 10, 11, 24 e 25 de abril de 2019

  • 10 de abril de 17 a 19 h. Sustentabilidade Ambiental Prof. Jorge Delgado Martín.
  • 24 de abril de 17 a 19 h. Educación para a Sustentabilidade. Pegada Ecoloxica e Hídrica. Prof. Pedro Vega Marcote.
  • 25 de abril. Novos materiais sostibles. Prof. Fernando Martinez Abella.
  • 11 de abril de 10. 30 a 13.30 h. Sustentabilidade Ambiental. Visita a Caolines de Vimianzo (Cavisa).

MÓDULO III. Saúde e Benestar. 15, 16, 22 e 23 de maio de 2019

  • 15 de maio de 17 a 19 h. Educación para unha alimentación e nutrición saudable e sostible. Prof. Francisco Pita Gutiérrez.
  • 16 de maio de 17 a 19 h. Actividade Física e Ergonomía. Prof. Isabel Raposo Vidal.
  • 22 de maio de 17 a 19 h. Ferramentas para o control do estres. Prof. Jose Mª Rolón Varela.
  • 23 de maio, de 17 a 19. Ferramentas para o control do estrés. Prof. Jose Mª Rolón Varela.

Con estas Xornadas, a Universidade Sénior achégase un ano mais ás persoas maiores de 50 anos da Costa da Morte, respostando as súas inquedanzas e necesidades formativas como xa ven facendo desde o ano 2001, nos campus da Coruña e Ferrol, nos que preto dun milleiro de alumnos e alumnas cursan estudios na Universidade Sénior.

Comentarios