Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Balonmán: Puntos contra a Violencia de Xénero

Balonmán: Puntos contra a Violencia de Xénero
BM Camarinas en Negro contra a Violencia de Xenero O BM Camariñas en Negro contra a Violencia de Xenero

Xa houbo que viu o O partido do Xiria pola tele, si. E menudo partido que viu, cun choque por todo alto que se decidiu no último segundo e que permite ao Xiria manter a segunda praza.

O Bm. Camariñas recuperou a senda da vitoria e está a piques de dar un paso de xigante cara a permanencia.

Todo nunha xornada marcada polo 25N, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que tamén celebraron os membros da familia do Bm. Xallas.

Santa Combra en Negro-Bm Xallas 25N

1ª Estatal, xornada 11

  • Resultado: Seis do Nadal - Bm. Camariñas (25-30)
  • Bm. Camariñas: Cristian (p), Félix (p), Alan (3), Cristina Canosa (6), Eusebio, Joaquín (5), Fabio (1), Fran Carril, Alberto (7), Cristian Antelo (2), Diego Alonso (3), Fabián (2) e Xabi (1).

2 puntos importantísimos os conseguidos polo Bm. Camariñas en Coia, os primeiros como visitantes. Vitoria que rompe a serie de 3 partidos sen gañar, e que deixan aos de Moncho Canosa na 9ª praza con 9 puntos, a 4 dos postos de perigo.

Chegaba o Conservas con todo o plantel (a excepción de Borja), e a imaxe mellorou con respecto á semana pasada. A defensa era compacta e a portería acompañaba, pero costaba marcar xa que o ritmo de balón e a profundidade en ataque nin eran o suficiente altos ante a dura defensa do Sedona. O choque marchou igualado ao descanso.

Enganchou unha serie de baos defensas o Conservas con roubos e contras, que lles permitoiu marchar con 3 goles de diferencia. A partir de aí o equipo fíxose forte en defensa, e soubo ler os ataques con paciencia, para rematar un partifo completo. Como non, tocou adicarlle a vitoria aos #BoyaBlues, que non fallaron en Vigo.

A próxima fin de semana visita Camariñas o Bm. Rasoeiro, no que pode ser un paso de xigante cara a permanencia.

 

1ª Estatal, xornada 11

  • Resultado: Embutidos Lalinense Bm Lalín - Calvo Xiria (34-34)
  • Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (4), Gabriel Castiñeiras, Julián López (1), Brais Puñal (2), Fran Rey, Pablo Iglesias (8), Hugo Rodríguez (10), Juan Carlos Rodríguez, Manuel Méndez (1), Jorge Bouzas (8), Sergio Facal, Alejandro Calvete (1), Miguel Suárez-Pumariega (1).

Partidazo en Lalín entre 3º e 2º da táboa, nun choque con dous equipos 100% formados pola canteira, con dúas afeccións volcadas, demostrando o poder do balonmán no país.

Comezou o Xiria mandando, cun gran posicionamento, e se colocaba 4 arriba. Pero os locais aceleraban o ritmo e reducían distancia. Antes do descanso os carballeses volvían enlazar varias xogadas e marchaban ao descanso de novo con 4 goles de vantaxe.

Comezou o Lalín moito máis agresivo en defensa na segunda, e foi recurtando distancias ata empatar a 5 do final. Momentos claves que o Xiria tivo que afrontar Juancar e Chimpo. O equipo verde sufría ante presión alta dos locais, e dous erros deixaban o partido en bandexa con 3 arriba. Pero un sete metros con exclusión incluída, dous erros e dous goles nos últimos 30 segundos permitían sumar un punto aos carballeses.

Aquí tes o partido ao completo, que tamén podes ver no canle do Xiria en R:

https://www.facebook.com/balonman.lalin/videos/850857058418627/  

2ª Autonómica, xornada 7

  • Resultado: Bm. Xallas - Bm. Pontedeume
  • Bm. Xallas: Martín e Miguel (porteiros), Raúl (6), Dani Rial (1), David, Samuel (2), Alex (9), Eloy (6), Juan e Gonzalo. Non tiveron minutos por problemas fisicos: Marcos, Rodrigo, Oscar, Nestor e Germán.
Choque do Bm Xallas Choque do Bm Xallas

O pasado sábado o Balonmán Xallas recibía en Traba ao Balonmán Pontedeume, equipo que loita por facerse un oco na parte alta da táboa. O partido foi dos que gustan en Santa Comba, intenso dende o inicio, os árbitros tiveron unha tarefa complicada co ritmo defensivo imposto polos xogadores Xalleiros dende o primeiro minuto.
Os verdes saíron cunha defensa 5:1 moi ben ordenada, que xunto coas intervencións de Martín, ao Pontedeume costáballe facer goles. Un pouco do mesmo pasaba na outra área, onde os eumeses defendían cun 6:0 moi atrasado, aproveitando a maior estatura dos seus xogadores. Intentábano os xalleiros con lanzamentos dende os 9 metros con pouca fortuna, facendo aínda máis bo ao porteiro eumés. Empate ao descanso facendo xustiza ao visto na pista.

Na segunda metade o partido volviuse aínda máis intenso, e os arbitros quixeron rebaixar tensións a base de exclusións. Mesmo quedou o cadro verde con 3 na pista, pero soubo aguantar grazas ás boas intervencións de Miguel na portería e nos acertos en ataque.
Co paso dos minutos o ambiente en Traba ía en aumento, os bombos non paraban de petar, e a xente non deixaba de animar. Cun marcador 11-11, o Xallas forzaba uns 7 metros e exclusión. Eloy asumía a responsabilidade, e coma se fose un experto lanzador de penaltis, fixo un amago que non enganou a ninguén, e no segundo armado lanzou o balón por enriba da cabeza do porteiro nunha perfecta vaselina que fai estoupar a afección local, e case fai infartar ao pobre Miguel Barbeira e ao resto de compañeiros. Na seguinte xogada, Alex interceptaba un pase e deixaballe o balón a Raúl que finalizaba o contraataque cunha rosca que poñía aos xalleiros 2 por riba. Gustábase o Xallas, estaba moi cómodo indo por diante no marcador e a afección local desfrutaba por fin de ver aos seus mandando no partido, pero de novo, cando mellor estaban os locais, dúas rigurosas exclusións deixábanos con 4 na pista cando o marcador estaba 18-16, Miguel seguía ao seu e parabao todo, pero aínda así xa non era suficiente.

Pero na recta final chegou o baixón dos xalleiros, a escaseza no banquillo e tantos minutos de inferioridade numérica, facía mella nos verdes, que vian como os de Pontedeume conseguía darlle a volta ao marcador, logo de varios erros en ataque, e tamén moi boas intervencións do porteiro eumés, os visitantes poñíanse 20-24 nuns minutos.

A próxima xornada o Xallas viaxará a Vigo para enfrentarse ao Carballal.

2ª División Cadete, xornada 9

  • Resultado: Conservas Boya Camariñas - Hierros Varela Urbieta Xiria (11-26)
  • Conservas Boya Camariñas 11 (6): Martín Luaces (porteiro) César Rojo 3 , Abel Luaces 1, Bieito Canosa 2, Javier Martínez, José Romar 2, Daniel Carril, Fabio Rojo 3 e Aaron Pérez.
  • Hierros Varela Urbieta Xiria 26 (14): Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiros) Carlos Varela 7, Aaron Rodríguez 5, Manuel Rama, Fernando Mallo 3, Xurxo Díaz 1, Pablo Esmorís, Javi Rodríguez, Alex Puñal 1, Franco Rial 3, Diego Rodríguez , Paulo Collazo e Toni Calvelo 6.
Un Hierros Varela Urbieta solvente resolveu o difícil compromiso da visita a Camariñas cunha magnífica defensa e con brillante xogo de ataque, nada puideron facer os locais ante un Xiria superior durante todo o encontro. Os carballeses abriron distancia no marcador poñendo en apuros ao rival, que por veces se precipitaba con ataques rápidos. Pero o Camariñas aguantaba vivo a primeira metade. Xa na segunda fíxose demasiado longo o choque para os camariñáns, que acabaron sucumbindo.

&nbps;

Máis información

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios