Venres. 29.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

Balonmán: Tempo de protagonismo para a base camariñá

A fin de semana deixaban como gran nova o campiobato de Liga das infantís do Balonmán Camariñas, tras vencer o Bm Ribadosar por 24-18 nun partido no que acodían 150 persoas ao pavillón do Areal para arroupar ás de Xabi Canosa. Toda unha alegría para a familia conserveira.

Nos sénior, e pensando xa no derbi costeiro entre Calvo e Conservas da semana que vén (sábado ás 20:00h no Vila de Noia), os dous equipos da zona tiveron sorte dispar.

Por Carballo, despois da derrota ante o líder, o Calvo necesitaba vencer para non perder comba e romper a serie de dúas derrotas seguidas fóra da casa. Non perdoaron e levaron o peso do partido traendo de volta os puntos.
Pola súa banda, o Bm. Camariñas fixo un grandísimo partido, cunha gran defensa e un enorme derroche físico para atuar a unha dos grandes equipos da categorías, pero sen o premio dos puntos.

Ademais, por Santa Comba, parece que é de cine pero é unha realidade. Unha semana máis os afeccionados do Bm Xallas tiveron que sufrir un final de infarto… con final feliz.

Bm Infantil campion de Liga
Bm Infantil campion de Liga
Balonmán: Tempo de protagonismo para a base camariñá

1ª Estatal, xornada 18

• Resultado: Bm. Camariñas - BM Lalín (21-26).

Durante os primeros 20 minutos o cadro de Moncho Canosa foi capaces de xogar de ti a ti puidendo o Lalín irse de 2 só nos minutos finais. Na 2ª metade o ataque non era tan fluído e o Lalín ía abrindo distancia a medida que os locais ían baixando físicamente ata colocarse (17-23). Un último arreón deu emoción aos últimos minutos pero acabouse impoñendo a lóxica.

En todo caso, gran xogo e boas sensacións na liña do 2019, ante un gran número de afeccionados que se desplazaron a Carballo e no que só a profundidad de banquillo evitou un resultado positivo para os conserveiros.

Asemblea

O pasado sábado celebrouse a Asamblea Xeral Ordinaria do Club Balonman Camariñas na Casa do Pedra donde se aprobou a confeccion da nova directiva que queda conformada da seguinte maneira.

O presidete é Andres Cerdeiras; Eva Gerpe (Vicepresidenta), Mabel Mas (Secretaria), Manuel Castiñeira (Tesoureiro), e Óscar Manuel Martinez, Silvia Lijo, Manuel Romar, Perfeto Parapar, Rocio Vigo, Moncho Canosa, Héctor Fateira, Alberto Mas e Landrina Canosa como vocais.

1ª Estatal, xornada 18

• Resultado: Luceros - Calvo Xiria (25-30)
• Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (2), Gabriel Castiñeiras, Cuco (3), Julián López, Fran Rey, Brais Puñal (1), Pablo Iglesias (3), Carlos García (11), Chimpo (3), Juan Carlos Rodríguez (1), Manuel Méndez (5), Jorge Bouzas, Alejandro Calvete, Enrique Pena (1).
• Parciais cada 5´: 2-2 / 3-4/ 4-7/ 5-9/ 7-11/ 8-13 (Descanso) 11-16/ 16-20/ 18-22/ 21-23/ 23-25/ 25-30.

Non fallaron os verdes, que se amosaron fortes dende o comezo, mandando no electrónico e na pista, cunha gran defensa, unha boa portería defendida por Antonio Mato, e movendo ben o balón para chegar aos extremos con asiduidade. Os carballeses dominaban con 4-5 goles de vantaxe pero cos locais sempre metidos no partido e respondendo.

Nos últimos 10 minutos do segundo tempo os do Morrazo achegábanse no marcador e aparecían vellas pantasmas. Pero soubo manter a calma o cadro carballés, e cun claro 2-5 sentenciaban o partido.

2ª Autonómica

• Resultado: Balonmán Xallas - Balonmán Chapela (22-21)

As numerosas baixas (Damián, Dani García, Edu, Daniel Trigo) facían chegar a plantel local mermado o encontro, máis foron quen de sobreporse os contratempos.

A igualdade foi a tónica dominante do primeiro tempo, onde si ben é certo que sempre dominaron o marcador, as vantaxes eran mínimas, ata chegar o descanso 10-9. Na segunda parte o partido trocou, por un momento parecía que os locales ían romper o partido cando alcanzaron unha renta de 3 goles, máis unha mixta sobre Iván Campos atascou o ataque xalleiro que viu como o BM.Chapela lle daba a volta o marcador, situándoo en 20-21 no 28:34 do segundo tempo. Con apenas minuto e medio por diante, 2 boas defensas, sumadas a un gol de Mario dende o extremo, e Bruno cun lanzamento exterior, deron a vitoria o Xallas, que unha semana máis tivo que defender a última acción con uñas e dentes e finalizar o encontro detendo unha falta directa en contra.

Iniciase así a segunda volta da competición cunha nova vitoria que permite seguir o BM.Xallas no liderato.

MÁIS INFORMACIÓN

Comentarios