Venres. 19.04.2024
El tiempo

A base do Outes, o presi do Coristanco e a afección do Fisterra, premiadas na Gala do Fútbol Galego

Afeccion do Fisterra en Sigueiro-Mareque Sanchez copia
Afección do Fisterra non ficou só en Ara Solis e expuso o seu potencia en campos como o de Sigüeiro-Foto: Mareque Sánchez
A base do Outes, o presi do Coristanco e a afección do Fisterra, premiadas na Gala do Fútbol Galego

Manuel Vecino presidente da SD CoristancoXa co ollo posto na VI Gala do Fútbol da Costa - QPC, o fútbol costeiro ten que mirar este venres a Santiago. Alí, a Real Federación Galega de Fútbol vai facer entrega de máis de 50 premios, entre os que temos que destacar 3.

Dous deles repártense en cada delegación (a RFGF toma a Costa como tal, máis que como subdelegación que é). Aí, o Outes FC levará o premio polo seu traballo no fútbol base. Ademais, a longa lista de premios “Toda unha vida”, a directivos ou colaboradores dos clubs, este ano recae nun dos grandes veteranos da Costa, Manuel Vecino, eterno presidente do SD Coristanco.

Pero ademais hai un galardón a nivel galego que recae na Costa, que non é outro que o de Mellor Afección de Galicia, como non, para os Rapacollóns da SD Fisterra.

O ano pasado foron Suso da Torriña e Os Miúdos os recoñecidos. No 2017 a RFGF recoñeceu a labor de Vicente Carril, Severino Amarelle, Desi e o Dumbría, mentres que en 2016 o ente federativo lembrouse de Abdoulaye e do Muxía.

Outes tamen foi campion da Copa da Costa F8 2019
O Outes recollendo a mans de Rafael Louzán o Trofeo de Campión da Copa da Costa de F8

Recoñecendo ao Depor Abanca

Este ano a Federación vai recoñecer o histórico do ascenso á Primeira División Liga do equipo feminino do RC Deportivo Abanca, coa Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo.

A Gala, que se celebrará o venres 21 na Cidade da Cultura de Santiago, acollerá ademais a exposición “Valor e Mestrís. Galicia como Fútbol”.

Novas relacionadas

Comentarios