Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Basket volve a Ponteceso

Logo Escola de Basket Ponteceso
O Basket volve a Ponteceso

Sempre foi feudo baloncestístico, e nos últimos anos a Escola de Basket Xiria está intentando manter ese vínculo pontecesán coa pelota laranxa. De aí que este vindeiro sábado 16 de febreiro, os equipos infantís feminino e masculino da escola Xiria, disputarán no Pavillón Municipal de Ponteceso os seus correspondentes partidos de liga galega.

Un “desprazamento” coa intención de promover a práctica do baloncesto e dar continuidade e visibilidade ao traballo das escolas deportivas municipais, xa que varios dos xogadores que integran estes equipos de Basket Xiria, son formados nas escolas deportivas de Ponteceso.

Ás 10:00 h o equipo feminino de Nordata Basket Xiria xogará o seu derbi local contra o CB Artai. Ao remate de este encontro, os nenos de Dental Noa García, serán os que se enfrenten aos xogadores de Cee de Dieléctrico Industrial Costa da Morte.

Pola tarde, as 17:00 tamén disputarase un encontro da liga Bergantiños de Preminibasket, na que o equipo EDM Ponteceso, lider da competicion, recibe a visita de CB Artai.

Comentarios