Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Bazarra apoia por quinto ano a actividade cultural da Fundación Fernando Blanco

Bazarra apoia por quinto ano a actividade cultural da Fundación Fernando Blanco
O xerente de Bazarra e o secretario da Fundacion Fernando Blanco asinaron o convenio de colaboracion entre ambas entidades O xerente de Bazarra e o secretario da Fundación Fernando Blanco asinaron o convenio de colaboración entre ambas entidades Un ano máis - e xa van cinco -a Fundación Fernando Blanco de Lema vén de renovar o seu convenio de colaboración cunha entidade privada: a estación de servizo Bazarra de Cee; unha empresa comprometida co deporte e coa cultura da bisbarra. Precismante onte, O xerente da gasolineira - Julio César López - e o secretario da Fundación - Darío Areas Domínguez - asinaron o convenio mediante o cal a empresa ceense colaborará economicamente nas tres actividades educativo-culturais programadas pola Fundación para este ano. Concretamente a estación de servizo Bazarra financiará o IV concurso de Relatos Curtos e o III concurso de Debuxos. Estas son actividades dirixidas a escolares dende o primeiro ciclo de primaria á ESO dos centros educativo de dez concello da contorna ceense. O tema de ambos concursos tratará sobra a amizade. Por outra parte, Bazarra tamén colabora de forma económica na quinta edición dos premios académicos Fernando Blanco correspondentes ao curso 2015-2016. Neste certamen premiáse a cinco dos mellores expedientes académicos do IES Fernando Blanco de Cee, en concreto ós cursos de 1º F.P. Básica, 3º ESO, 1º Bacharelato, 1º Ciclo Medio e 1º de Ciclo Superior. A estación de servizo Bazarra tamén colabora co programa cultural “O Mes da Fundación” que se celebra no mes de outubro cunha dobre programación. Por un lado, ofértanse actividades para todos os centros educativos de Cee e, por outro, organizánse ditintos eventos dirixidos ao público en xeral.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios