Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Biblioteca de Coristanco reabre as portas xa inserida na Rede de Bibliotecas de Galicia

A Biblioteca de Coristanco regala unha bolsa de tela
A Biblioteca de Coristanco regala unha bolsa de tela co debuxo de Loli España e a etiqueta #navegandonunmardelibros
A Biblioteca de Coristanco reabre as portas xa inserida na Rede de Bibliotecas de Galicia

A Biblioteca de Coristanco reabre a súas portas con moitas novidades. A máis salientable é a súa incorporación na Rede de Bibliotecas de Galicia, o que lles permitirá acceder a un catálogo máis amplo e entrar nos ciclos de actividades. De feito, xa podedes entrar no Catálogo virtual da Biblioteca coristanquesa para ir facendo unha lista de peticións.

Ademais a Biblioteca continúa o proceso de desescalada e xa abriu as súas portas, mantendo sempre as medidas de seguridade. Por exemplo, xa se devolveron os primeiros libros, películas… e que pasan por corentena de 14 días trala súa devolución e antes de estar dispoñible de novo en empréstito, seguindo os protocolos sanitarios e garantindo así a seguridade de todos.

Un presente

Ooutra das novidades é o agasallo que a Biblioteca quere ter cos seus usuarios: unha bolsa de tela da Biblioteca de Coristanco para levar os seus empréstamos coa impresión do cadro da artista local Loli España, unha imaxe moi especial que ilustra a nosa recepción e a cal se converteu en logo da biblioteca. Co lema #navegandonunmardelibros iniciamos esta nova andadura tentando ofrecer un servizo áxil e de interese.

Novas relacionadas

Comentarios