Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Biblioteca Rego da Balsa supera os 5.000 usuarios

Biblioteca-Publica-Municipal-Rego-da-Balsa-Carballo copia 2
A Biblioteca Rego da Balsa supera os 5.000 usuarios

É unha das Bibliotecas máis utilizadas de Galicia. 5 anos despois da súa apertura, a Biblioteca Rego da Balsa é un dos principais activos culturaus de Carballo. Porque ademais de poñer a disposición das persoas usuarias libros, cómics, discos, videoxogos, xornais, revistas, películas... o edificio acolle numerosas actividades de promoción cultural, como podemos comprobar no completo programa trismestral.

Son 5.118 os carballes@s que teñen o seu carnet, e son case 2.000 os habituais que a usan todos os meses.

Tamén segue aumentando o número de préstamos: no ano 2019 foron 21.255, aos que habería que engadir 112 préstamos de literatura francesa da Asociación de Irmanamento con L’Isle Jourdain.

O Concello continúa apostando pola actividade, e vén de asinar o contrato de xestión dos servizos bibliotecarios municipais para os próximos tres anos. No concurso público convocado polo Concello de Carballo resultou adxudicataria a empresa LTM Servicios Bibliotecarios S. L. cun orzamento anual de 101.640 euros.

Novas relacionadas

Comentarios