Imprimir

As bicis e o pedibús protagonistas no último día da Semana da Mobilidade de Carballo

Redacción | 23 de setembro de 2020

Alumnado do CEIP Fogar sinalizando a ruta do pedibús
Alumnado do CEIP Fogar sinalizando a ruta do pedibús

Completouse unha intensa Semana da Mobilidade en Carballo con diferentes actividades. Rutas, xogos nas rúas, campaña de accesibilidade… E onte, para rematar a serie de actividades, as bicis e os pequenos foron protagonistas.

Foron os propios [email protected] do CEIP Fogar os que, armados con sprais e unha “plantilla” do Camiño Escola, sinalizaron as rutas do pedibús. Un pedibús (esa ruta na que os cativos se van recollendo polas rúas para ir xuntos andando ao cole) que aínda non puido empezar a funcionar pero si que en breve se retomará.

Aparcabicis

22092020 aparcabicis (1)
Instalando aparcabicis

Outra acción foi a instalación de oito novos aparcabicis. 4 deles situaranse en zonas escolares, nos CEIP A Cristina, Bergantiños (2) e preto do San Luís Romero, pero tamén na entrada do Mercado Municipal dende a Praza do Concello (na imaxe), e nas rúas Concepción Arenal, Barcelona e Fomento.

Nestes momentos contamos en Carballo con máis de 40 aparcabicis, na súa maioría no exterior de edificios públicos, e no marco proxecto Cicl-Ando, que ten en licitación xa varias das actuacións previstas, tamén se inclúe a creación dunha rede de aparcamentos seguros para bicicletas.

Cidades que Camiñan, en Carballo

En clave de sostibilidade, onte tamén Carballo recibiu a visita da secretaria técnica da Rede de Cidades que Camiñan. A vila bergantiñá recibía o Premio Cidades que Camiñan 2018 na categoría de concellos de 20.000 a 100.000 habitantes, e este 2021 está formulado que acolla o Congreso anual.

Os técnicos municipais recibiron a Ana Montalbán e a acompañaron ata o Fórum Carballo para coñecer as instalacións do edificio que podería albergar o congreso e as obras de accesibilidade que veñen de rematar na súa contorna.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/carballo/bicis-pedibus-protagonistas-ultimo-dia-da-semana-da-mobilidade-carballo/20200923100037122076.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia