Xoves. 28.03.2024
El tiempo

"Bicos de Amora", a nova marca de xabóns de glicerina de Íntegro

"Bicos de Amora", a nova marca de xabóns de glicerina de Íntegro
Integro presenta mana en Baio os xabons Bicos de Amora Integro presenta mana en Baio os xabons Bicos de Amora Os usuarios e usuairas da asociación Íntegro presentan mañá en Baio unha liña de xabóns de glicerina que se comercializarán coa marca "Bicos de Amora". A presentación ten lugar dentro da 4ª xornada da Inclusión que se enmacarca na campaña comercial "Baio ten a pelota". Este novo proxecto é froito da mestura entre o traballo e a creatividade que caracteriza o obradoiro de Artes Manuais do centro ocupacional da entidade situada en Nantón (Cabana de Bergantiños). Segundo indican dende Íntegro "esta andaina comezou hai algo máis de un ano coa implantación de varios cursos de formación ata converternos en fabricantes dos nosos propios produtos". Dende entón percorreron un longo camiño que xa comeza a dar os seus froitos, xa que cada vez son máis as persoas e entidades que depositan a súa confianza en Íntegro para realizar os seus agasallos e encargos institucionais. Contan cunha ampla gama de deseños de xabón, con multitude de formas, cores e olores, convérteno no regalo perfecto: útil, orixinal e personalizado. Un produto idóneo para calquera persoa, evento ou circunstancia. Ademais, toda a liña de xabóns de glicerina son 100% naturais e están elaborados artesanalmente, respectando os tempos de fabricación e reforzando o noso compromiso co medio ambiente. Unha produción artesanal que lle outorga a cada peza un toque único e diferente, con selo propio e garantía de calidade. Novas oportunidades Ademais "Bicos de Amora" é unha porta aberta ao mercado laboral para persoas con diversidade funcional, capaces de traballar, de crear e de poñer en valor todas as súas habilidades e coñecementos. Dende Íntegro agardamos e confiamos en que o lanzamento desta marca veña acompañado de novas oportunidades que melloren o emprego e avancen cara a inclusión do colectivo. E como nada é casual, o seu nome non podía ser menos. A elección de "Bicos de Amora" pretende ser unha viaxe ás orixes, á terra, ás amoras da nosa infancia e aos beizos tinguidos pola súa cor morada. "Un salto agarimoso ao pasado e á natureza salvaxe da Costa da Morte" indican dende Íntegro. Esta fin de semana, en Baio ten a Pelota, Íntegro terá o seu propio stand cheo de "Bicos de Amora". Ademais haberá outro productos novidosos como as pulseiras de macramé ou as tellas decoradas á man e personalizadas polos usuarios e usuarias da asociación. Novas relacionadas Fonte

Comentarios