Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Bm. Xiria volveu quedar, por cuarto ano consecutivo, ás portas do ascenso

O Bm. Xallas arrinca mal a Fase de Ascenso caendo no partido de ida na casa

O Bm Xiria non puido conseguir o ascenso a DHP
O Bm Xiria non puido conseguir o ascenso a DHP
O Bm. Xiria volveu quedar, por cuarto ano consecutivo, ás portas do ascenso

4 anos leva a marea verde viaxando co Bm. Xiria buscando o asalto á División de Honra Prata, a segunda máxima categoría do balonmán estatal. E 4 anos levan volvendo a casa coa sensación de telo dado todo, pero sen premio. Volveu acontecer esta fin de semana en Avilés. Máis de 150 Xiriareiros desprazáronse co equipo á vila asturiana e fixeron vibrar, en cor verde, o pavillón. Outros non podían viaxara pero ateigaban os bares para ver en directo a fase.

Afeccion do Calvo Xiria en Aviles-Foto-Pablo Lazaro

Pero non puido ser, e iso que a cousa prometíase despois de que o venres, na primeira xornada da fase, o Calvo vencese por 26-29 ao CB Visconconfort Maristas Algemesí.

O sábado, sabendo xa que o UE Sarriá gañara os dous primeiros partidos, non era un choque definitivo, e os carballeses caían por 25-24 ante o Cafés Toscaf Atl Avilesina.

Tocaba gañar si ou si o domingo ante o UE Sarriá. Os de Fernando Vázquez saíron a por todas pero o cadro catalán foi superior e tiveron un día especular, e o peor dos carballeses. 31-22 e o soño do ascenso esvaece.

Non impide que sexa esta unha nova e histórica temporada para un cadro que está facendo as cousas perfectamente. Un equipo da casa, con xente da casa, que conecta ca xente da caasa, e que ano tras ano está entre os mellores da categoría.

Fase de Ascenso á 1ª Autonómica

  • Resultado: Club BM Xallas -  Galipizza Viveiro (29-31)
  • Descanso: 15-14)

Continúa sen levantar a cabeza o equipo xalleiro na visita do Galipizza Viveiro a Fontenla, no encontro de ida da promoción de ascenso a 1ª división autonómica.
Os de Victor Garrido sufrían na movilidade de balón, e na defensa sufrían coa superioridade física dos de Viveiro no un contra un. A portería xalleira con Jorge e Martín e a efectividade no lanzamento exterior de Ivan mantiñan 1 arriba ao descanso ao conxunto local.
Á volta do descanso, saía Viveiro máis metido no partido e axustando a defensa para rematar de anular o lanzamento exterior, logrando un mortífero parcial de 4-10 deixaban por momentos 6 goles por debaixo aos locais. 
Cando o Xallas logrou cambiar o ritmo do partido recortou diferenzas, que esperamos que sexan suficientes para darlle a volta a eliminatoria o próximo sábado en Viveiro.

Novas relacionadas

Comentarios