Venres. 19.04.2024
El tiempo

O BNG de Carballo retomou as súas xuntanzas mensuais coa presenza de Daniel Pérez

Xuntanza BNG de Carballo
O BNG de Carballo retomou as súas xuntanzas mensuais coa presenza de Daniel Pérez

Recuperou a relativa normalidade a candidatura do BNG de Carballo, que non mantiña as súas reunións mensuais dende o comezo da pandemia. Volvían xuntarse esta semana no Forum Carballo, con todas as medidas, onde ademais dos membros do goberno municipal, estivo presente o deputado Daniel Pérez, que deu conta de varias iniciativas impulsadas polo BNG no Parlamento, como as iniciativas sobre a gratuidade das máscaras para o alumnado ou sobre o financiamento dos gastos extraordinarios que están tendo que afrontar os centros e tamén os concellos. Todas elas foron rexeitadas polo PP, que ten maioría na Cámara galega.

A nivel local o grupo resaltou que está facendo un seguemento do curso escolar, e de feito, o propio deputado está facendo unha rolda de visitas por todos os centros escolares. Esta semana toca o IES Monte Neme.

Por outra banda, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, informou aos membros da candidaturaa actividade institucional. Tamén se falou de cuestións de actualidade local, como o incendio da sede da asociación antidroga Vieiro e a cesión dun edificio alternativo por parte do Concello de Carballo, e doutras de alcance estatal, como a recente decisión do Goberno do Estado de desbloquear o uso dos remanentes por parte dos concellos.


 

Comentarios