Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O BNG de Cee propón investir o POS 2020 en saneamento

Zona de Porcar en Cee
Zona de Porcar
O BNG de Cee propón investir o POS 2020 en saneamento

Prepara o Concello de Cee a súa batería de investimentos para o 2020. E nese sentido o BNG presentou onte un paquete de obras con motivo do plan de obras e servizos da Deputación do ano 2020. A proposta vai encamiñada a acadar o obxectivo fundamental de ter un concello libre de contaminación por augas residuais, polo que incide maioritariamente na necesidade de levar o servizo de saneamento a aqueles lugares onde non existe, en mellorar e poñer en marcha as edares onde si están colocadas, ou na separación axeitada de augas fecais e pluviais.

A obras en cuestión son o saneamento en Porcar, Pereira-SanXosé, Bermú, Codesos e Vilanova, Sembra e Cabaleriza, Brens; a depuración de augas en Tedín e Rubio.

Ademais propon facer melloras na iluminación da estrada de Lires á praia; mellora do firme das rúas interiores de Brens, a reparación da ponte de Dornes-Brens; o arranxo da estrada Toba-Estorde; a ampliación das vías interiores de Gures; o asfaltado ds vías interiores de Pereiriña; a mellora do firme da vía da Armada; a mellora ra rúa Pepe do Pocho; a mellora da zona do cemiterio de Ameixenda; ou da Rúa Magdalena.

Novas relacionadas

Comentarios