Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O BNG de Fisterra propón flexibilizar os tributos das taxas do porto

Terrazas do peirao de Fisterra copia
As Terrazas do peirao de Fisterra
O BNG de Fisterra propón flexibilizar os tributos das taxas do porto

Dende o BNG de Fisterra queren trasladar ás administracións unha serie de peticións da veciñanza, tendo en conta a importancia do sector mariñeiro na economía local.

Dende o BNG piden facer un aprazamento, fraccionamento ou condonación (ata onde a lexislación o permita) dos impostos, recibos e taxas tanto das terrazas de ocupación por parte da hostalería en chan de dominio público terrestre de Portos, así como do amarre das embarcacións do pantalán.

Así mesmo, piden ser flexibles despois de que o goberno deixe iniciar a actividade hostaleira, e non mida as terrazas por metro cadrado, pois seguro que as medidas de seguridade a tomar estarán vinculadas en función dos espazos.

Comentarios