Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O BNG leva ao Congreso dos Deputados a acumulacion de áridos de Laxe

A-area-da-praia-de-Laxe-invade-o-paseo
A area da praia de Laxe invade o paseo e incide na rede de saneamento
O BNG leva ao Congreso dos Deputados a acumulacion de áridos de Laxe

Mentres a dragaxe continúa a bo ritmo, a eterna problemática coa acumulación dos áridos non desiste. Dende a ampliación do peirao novo nos anos 50 e, sobre todo, dende a construción do novo dique comercial nos anos 80, a situación non varía. “A alteración das correntes mariñas e das dinámicas mareales inciden directamente no areal e nos fondos do porto, acumulando grandes cantidades de area, que chega ata a ocupar o paseo marítimo e a afectar á rede de saneamiento de auga e alcantarillados, provocando tamén, ao impedir o desagüe, graves inundacións na zona”, describe o BNG.

Un BNG que a través de Néstor Rego acaba de presentar un escrito no Congreso dos Deputados, no que se pregunta se coñece o Goberno a situación e canto afecta á vida cotiá e económica de Laxe.

Dende o BNG lembran que “a alteración incide tamén no ámbito da seguridade mariña pois a acumulación de sedimentos consecuencia das obras e o paso do tempo, así como a intensidade da oleaxe desta zona costeira, impiden que o Porto de Laxe se poida utilizar como porto refuxio nesta zona da Costa da Morte.

Por iso pide á Demarcación de Costas que estudie como afectou a construción do dique ás correntes mariñas, que analice todas as causas e que dea solucións á problemática.

Novas relacionadas

Comentarios