Martes. 16.04.2024
El tiempo

CASO FERROATLÁNTICA

O BNG pide aos alcaldes da comarca que se deixen de fotos e dean un paso máis no caso Ferroatlántica

Alcaldes da comarca
Foto dos alcaldes da comarca o pasado mes de agosto para mandar unha carta a Feijoo sobre o caso Ferroatlántica
O BNG pide aos alcaldes da comarca que se deixen de fotos e dean un paso máis no caso Ferroatlántica

Hai apenas un mes que os alcaldes da comarca se xuntaban en Cee e enviaban unha carta a Feijoo. Ante o caso omiso do presidente da Xunta, e considerando que é unha acción de “mínima incidencia” máis alá da "foto de rigor", o BNG pide aos alcaldes e alcaldesas da Costa da Morte que “dean un paso adiante na defensa de Ferroatlántica”.

Lembra o BNG que xa levamos 2 anos de conflito (e dende os 90 cos mesmos problemas), e avisa que “de levarse adiante a operación actual, temémonos que esteamos ante o comezo do fin das fábricas tal e como as coñecemos”.

Por iso fan un chamamento á sociedade civil a apoiar as mobilizacións dos traballadores e traballadoras, así como sobre todo convidan “aos rexidores e rexidoras da Costa da Morte a actuar con contundencia e dar un paso adiante”.

Piden así os seguintes pasos:

  • ”A composición dunha comisión permanente de seguimento do conflicto, para ser quen de responder constantemente as intención da empresa e da Xunta”.
  • ”Pomover unha mesa de negociación cos sindicatos, partidos políticos e activos sociais na defensa da actividade industrial na Costa da Morte”. Unha proposta que podería ser moi útil ante a polémica interna xerada no seo do Comité.
  • ”Que os integrantes desa mesa, alcaldes e alcaldesas incluidos, se presenten na Consellería de Industria para esixir que a Xunta de Galicia se pronuncie sobre a venda da fábrica e de se se cumpre coa legalidade”.
  • ”Que se “obrige” a Xunta a que solicite aos novos xestores a presentación dun plan de viabilidade da empresa”.

”É o momento de esixir respostas, pero sobre todo de aportar solucións”, sinalan, anunciando que o Bng vai rexistrar nos concellos esta petición para que os respectivos plenos podan tratala e tela en cosideracion.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Comentarios