Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O BNG presenta mocións nos Concellos para dar solucións aos problemas de pediatría

Pancarta de Zas sen recortes en pediatria
O BNG presenta mocións nos Concellos para dar solucións aos problemas de pediatría

É coñecida a precaria situación do servizo de pediatría na Costa da Morte. Cómpre afrontar o asunto dende a búsqueda de solucións, e nese sentido o BNG quere levar unha serie de mocións por todos os concellos para que se tomen medidas.

”Hai unanimidade entre sindicatos, colexios profesionais, plataformas sanitarias, organizacións profesionais, doentes... en denunciar o grave deterioro que están provocando as políticas sanitarias do Partido Popular, políticas que afectan de forma especialmente grave ás contornas rurais no noso pais”, denuncian.

O atraso na publicación das listas de contratación de persoal facultativo de hospital agrava a situación e envellecemento do persoal profesional, o que sumado á situación xeográfica, fai da Costa da Morte unha illa de esquecemento.

Para o BNG a Xunta está incumprindo a lei 8/2008 de 10 de Xullo de Saúde de Galicia, que recoñece o dereito a asignación de persoal facultativo con continuidade.

Así resume o BNG a situación na comarca:
Fisterra conta un pediatra fixo, actualmente de baixa que está sen cubrir. Dumbría e Muxía comparten un puericultor/a. En Vimianzo hai unha pediatra interina que pillou excedencia, e o puericultor de Baio- Zas pasou cargar co peso das dúas localidades, pasando a pasar consulta no centro vimiancés. No concello de Camariñas a situación é a seguinte: unha puericultora fai 3 días en Camariñas e 2 na Ponte do Porto. Os/as nenos/as de Camelle van a Ponte do Porto e en Zas – Baio contan cun Puericultor/a que da consulta 3 días en Zas e 2 en Baio. 
Polo que respeta a situación de Cee, o recente traslado da pediatra ao hospital de Verín procovou o traslado do puericultor de Muxía ao noso concello, e terá que ser él quen desempeñe o labor dun/dunha pediatra e un/unha puericultor que serían os que nos correspondería polo ratio de crianzas, tendo en conta que ten que dar servizo a Corcubión.

Moción

Así, o BNG leva aos concellos unha moción para que insten á Xunta a “dar maior estabilidade a todos os profesionais de pediatría, a realizar no prazo máximo de seis meses un Plan de Ordenación de Recursos Humanos a partir do cal presentar un plano de estabilidade de emprego”; “a aumentar as prazas de formación para as especialidades de Atención Primaria, nomeadamente, pediatría e medicina familiar e comunitaria, demandar do Goberno español o aumento do número de prazas para adaptar as prazas de formación polo sistema de Residencia MIR e EIR que se ofertan en Galiza, ás necesidades reais que ten o Sergas de cobertura de profesionais”; e a “instar ao goberno galego a garantir a atención pediátrica nos concellos da bisbarra en condicións de suficiencia e calidade”.

Novas relacionadas

Novas relacionadas cos recortes en pediatría

Comentarios