Venres. 19.04.2024
El tiempo

BNG e PSOE enléanse ante a reunión coa nova dirección de XEAL

IMG XEAL presenta su plan de futuro, para sus líneas de negocio de aleaciones y electricidad, a una nutrida representación de los alcaldes de la comarca
Imaxe da reunión dos alcaldes socialistas coa nova dirección de XEAL
BNG e PSOE enléanse ante a reunión coa nova dirección de XEAL

Este pasado luns, a nova dirección de XEAL mantivo unha xuntanza con alcaldes e alcaldesas socialistas da comarca. Unha xuntanza promovida polo alcalde de Dumbría que indigna ao BNG, que considera inaudito que non se invitara a participar aos alcaldes de Mazaricos e Zas.

”Parécenos unha falla de respeto tanto do promotor como da empresa, ao non ter convidado aos nosos rexedores, tendo en conta o momento tan delicado no que nos atopamos”, sinalan dende o BNG que acusan ao alcalde dumbriés de “situarse na parte especulativa”. “Con este movemento os alcaldes e alcaldesas só consiguen branquear os movementos da empresa cara a segregación total a e absoluta”, denuncian dende o BNG ao tempo que piden que os socialistas intente axilizar o estatuto electrointensivo do goberno do estado Español e pidan á Xunta o Plan de Viabilidade. “Unha reunión escoitando a empresa con intereses ben claros e concisos, non pode sustituir ao plan de viabilidade”, sentenzan.

Pequeño: ”É unha situación completamente distinta”

A perspectiva dende o PSOE é diferente á que había hai unhas semanas. “A venta acabouse, hai un novo dono, polo que a día de hoxe temos unha situación completamente distinta. E o alcalde de Dumbría e o PSOE sempre estivemos abertos ao diálogo e temos a nosa forma de negociar e non temos que pedir permiso a ninguén para manter a nosa liña de actuación nunha tesitura coma esta. Se hai algún partido e sindicato que queren manter o ambiente de crispación, pensando máis nos votos que nos postos de traballo, é o seu problema. Nos non queremos seguir na guerra, e como o 80% da empresa está en Dumbría, o alcalde ten que defender aos traballadores e tamén os intereses da empresa. Cantos máis funcione a fábrica, e canto máis electricidade xenere, máis postos de traballo teremos, e espero que a xente se vaia decatando pronto”.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

Comentarios