Imprimir

O BNG tamén abriu a campaña dende unha granxa de Mazaricos

que pasa na costa | 19 de xuño de 2020

Pontón, Xosé Luís Rivas e o alcalde de Mazaricos nunha granxa mazaricá
Pontón, Xosé Luís Rivas e o alcalde de Mazaricos nunha granxa mazaricá

Esta semana o PP abría a campaña do #12X visitando á industria agroalimentaria da Laracha. O PSOE facíao propio dende o Parador de Lourido. O lugar escollido polo BNG na comarca foi unha granxa de Mazaricos

Ana Pontón e Xosé Luís Rivas “Mini” achegábanse onte xunto co alcalde mazaricán Xoan Blanco, para reinvdicar o papel do sector lácteo como “columna vertebral” de Galicia. Pontón incidiu en que tras esta “crise da Covid-19 puxo en evidencia que é máis necesario que nunca producir e mobilizar a enerxía do noso país para incrementar o medio rural e o seu desenvolvemento social e económico”.

E puxo algunha cifra: Galicia necesita “transformar o abandono dos últimos con medidas como: a mobilización de 100 mil Has de terras abandonadas para poñelas a producir en usos agrarios de agora ao ano 2030”. Ademais, o BNG, recalcou a candidata á presidencia da Xunta, “impulsará o Bantegal e iniciativas que impidan o abandono de terras” porque Galiza necesita superficie agraria útil para non seguir á cola dos países europeos.

Pola súa parte, Mini aludiu á urxencia de recuperar a Mesa do Leite, “como mecanismo para fixar prezos mínimos que non prexudiquen aos produtores e produtoras” así como fomentar a transformación de produtos agrogandeiros para aproveitar o valor engadido e todo isto será posible “cun goberno do BNG na Xunta” recalcou.

Máis información

Novas das Eleccións

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/mazaricos/bng-tamen-abriu-campana-dende-granxa-mazaricos/20200619092014120086.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia