Venres. 29.03.2024
El tiempo

O BNG tamén leva ao Parlamento a polémico repotenciación do Parque Eólico de Corme

OCUPANDO FINCAS SIN PERMISO para desmantelar o parque eolico de Corme
A veciñanza denunciou durante que durante o confinamento se desenvolveron obras de desmantelamento dos muíños vellos ocupando sen permiso fincas privadas
O BNG tamén leva ao Parlamento a polémico repotenciación do Parque Eólico de Corme

Tras ratificar a súa oposición ao proxecto do Parque Eólico das Salgueiras, o BNG vén de presentar unha Proposición non de lei para para que o pleno do Parlamento analice o proxecto de repotenciación do parque eólico G3 de Corme.

Unha polémica repotenciación que vimos contando dende hai meses, con procesos de expropiación de fincas xa ocupadas, con denuncias de retrasos nos pagos de ata 19 anos . De feito, o BNG denuncia que a “tramitación do proxecto caracterizouse pola súa opacidade, pola falta de información, pola nula participación e polos abusos e irregularidades cometidas pola empresa coa complicidade das administracións”.

Os voceiros do BNG comprobaron este pasado sábado os “impactantes movementos de terra, excavacións e explanacións tanto para construír as bases dos muíños, para as pistas de acceso e para as vías de evacuación”. E lembran que, “a empresa beneficiase dunha normativa e dun trato favorábel por parte da administración, que lle permite deixar no lugar a cimentación dos aeroxeradores antigos que foron retirados”.

Lembran tamén a afectación á unha zona moi cercana á Rede Natura, nas inmediacións dun humidal protexido e no ámbito de protección de xacementos de arte rupestre”.

Ante todo isto piden a paralización da obra, mentres non se presente unha “investigación sobre as posibles irregularidades e abusos da empresa”, e un “informe sobre os impactos das obras de explanación e excavación”.

Novas relacionadas dos Parques Eólicos de Corme

Novas sobre os eólicos

 

Comentarios