Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Bolo do Pote de Mazaricos quitoulle o frío a máis de 2000 persoas

Amas de Casa de Mazaricos facendo o Bolo do Pote
Amas de Casa de Mazaricos facendo o Bolo do Pote
O Bolo do Pote de Mazaricos quitoulle o frío a máis de 2000 persoas

Xa é un dos grandes reclamos gastronómicos da Costa da Morte. E a súa cita de marzo só serve para refrendalo. Esta fin de semana tivo lugar unha nova edición, a XXI, Festa do Bolo do Pote de Mazaricos. Aí estiveron, sen tregua, xentes da Asociación Monte Picoto e da Asociación de Amas de Casa de Mazaricos, para dar de comer a máis das 2.000 persoas que quixeron comer quente e rico para superar a friaxe.

“Non podería concretar, pero a cola era inmensa, houbo xente que tivo que agardar ata media hora para ter a súa ración”, declarou Laura Prado, a presidenta das Amas de Casa. Gaiteiros e unha charanga foron os encargados de poñer o toque de música ao ambiente, mentres os Minis da Miniquedada completaba a escena dun xeito máis que auténtico.

Ademais da popular xornada dominical, celebrada na carpa, a fin de semana foi completa, pois ata 9 establecimentos serviron menús do Bolo do Pote. O presidente da Asociación de Hostaleiros, Jorge Jurjo tamén sinalou o “éxito” da convocatoria para os locais hostaleiros da vila que non pararon a súa actividade ata ben entrada a tarde.

Nenos de Mazaricos disfrutando do Bolo do Porte

Novas relacionadas

Comentarios