Venres. 29.03.2024
El tiempo

O “botixo de media arroba” recuperado na ría de Corcubión, tamén ao Museo do Mar de Vigo

Anfora de Corcubion ao Museo do Mar de Vigo
A ánforeta xa chegou ao Museo do Mar de Vigo
O “botixo de media arroba” recuperado na ría de Corcubión, tamén ao Museo do Mar de Vigo

Coincidindo coa exposición das crebas da Costa da Morte de Manuel Sendón, o o “botixo de media arroba” da Armada do século XVI, recuperado hai varias semanas na ría de Corcubión, aterra no Museo do Mar de Vigo.

O destacamento do SEPRONA de Corcubión entregaba hoxe a “Anforeta” ao museo, sendo recollida por Aroa Vargas, axudante de conservación.

Esta nova “fuga” do noso patrimonio histórico, volve traer de relieve a necesidade de termos un espazo para acoller o noso rico patrimonio subacuático. Son máis de 32 anos solicitando un Centro de Investigación de Arqueoloxía Subacuática, un museo, un lugar onde a nosa riqueza repercuta directamente, e sirva de polo de atracción de visitantes.

Novas relacionadas

Comentarios