Sábado. 20.04.2024
El tiempo

En breve comezarán as obras do dragado de Laxe

Cando hai temporal, os portos de Laxe ou marchan a Camariñas ou van para terra
En breve comezarán as obras do dragado de Laxe

11 anos leva Laxe esixindo unha actuación no peirao para solucionar o problema da invasión dos áridos e mellorar a seguridade e a operatividade no peirao, xa que cando había un temporal os barcos tiñan que marchar a Camariñas, Ano tras ano a Xunta incluíu nos orzamentos anuais a obra do dragado de Laxe; ano tras ano esquecíase conforme pasaba o curso.

Parece que, en todo caso, este ano vai. En xaneiro aprobábase a Declaración ambiental, e este pasado venres Portos de Galicia, dependente da Consellería do Mar, asinaba o contrato das obras para a dragaxe.

Serán 3 millóns de euros empregados tras varios estudos relacionados coas dinámicas e axitación provocadas polas ondas, e aseguran que o calado (5 metros de calado en toda a dársena portuaria e 3 metros no peirao da lonxa) será suficiente para o fondeo seguro dos barcos en calquera situación.

A empresa adxudicataria iniciará proximamente os traballos preliminares e preparatorios para a execución desta actuación. Van retirar tamén os trens de fondeo, que se reporán ao finalizar os traballos, e a pasarela existentes na zona. Pero non deron a coñecer o prazo de execución.

Unha obra que é considerada un parche, para os socialistas e nacionalistas pois a dragaxe sempre foi considerada unha obra temporal, a pesar de levar 10 anos esperando por ela, e non soluciona o problema da rexeneración da praia, .

Historia SOBRE A DRAGAXE DE LAXE

Comentarios