Venres. 29.03.2024
El tiempo

Buscan colaboración con Turismo de Dublin para promocionar o Camiño Fisterra-Muxía en Irlanda

Conferencia con dublin sobre o Camino
Reunión telemática entre a Deputación e a Oficina de Turismo de Dublin
Buscan colaboración con Turismo de Dublin para promocionar o Camiño Fisterra-Muxía en Irlanda

A Deputación da Coruña intensificou no últimos tres anos a promoción dos Camiños Inglés e Fisterra-Muxía no Reino Unido, fomentando a colaboración con Asociacións de peregrinos, Universidades e operadores de turismo británicos para aumentar a visibilidade dos dous roteiros xacobeos.

Unha campaña amparada polo fenómeno de revitalización dos camiños de Santiago, tanto en Irlanda como en Reino Unido. De aí o interese provincial de estender as accións realizadas en Inglaterra ao territorio de Irlanda, que se materializou nunha primeira reunión telemática entre representantes da Deputación da Coruña e da Asociación de Municipios do Camiño Inglés con membros do equipo técnico da Oficina de turismo de España en Dublín.

Nesta liña, iniciáronse contactos en Irlanda, con asociacións con moito percorrido na promoción do Camiño de Santiago, como Camiño Society Ireland, para iniciar unha colaboración para mellorar a promoción turística e analizar as necesidades no contexto actual.

Comentarios