Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Buscan voluntarios para a eliminación de flora invasora da lagoa de Louro

Buscan voluntarios para a eliminación de flora invasora da lagoa de Louro
cartaz-invasoras-Louro-17

Un ano máis (dene 2015) a Asociación Ecoloxista Adega desprázase a comezos de verán para facer unha xornada de voluntariado ambiental co obxectivo de eliminar Especies Exóticas Invasoras (EEI). A cita será o sábado 1 de xullo, quedando ás 10:30h no Centro Social de Louro.

A actividade estará centrada na eliminación de especies invasoras como a cana (Arundo donax), a chumbeira (Opuntia sp.), o garrapatón (Bidens frondosa), a coniza (Conyza canadensis), o senecio (Senecio mikainoides) ou a margarida africana (Arctotheca calendula) entre outras. A introdución de especies exóticas invasoras é, despois da destrución de hábitats, a ameaza máis importante na perda de biodiversidade e unha das principais causas de extinción de especies autóctonas.

Para esta actividade o voluntariado contará con seguro de responsabilidade civil e de accidentes. A xornada comezará o sábado pola mañá. Tras a recepción do voluntariado no Centro Social de Louro, e dunha pequena introdución a problemática ambiental das invasoras, comezarán os traballos de campo. O voluntariado contará coa ferramenta apropiada. Haberá un descanso para a comida (gratuíta para os participantes) e unha segunda sesión de traballo durante a tarde. O voluntariado poderá coñecer este magnífico espazo natural e axudar á súa conservación.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios