Venres. 19.04.2024
El tiempo

Cabana amplía a súa oferta cultural durante o verán

Cabana amplía a súa oferta cultural durante o verán
O centro arqueoloxico de Dombate acolleu hoxe a presentacion da programacion cultural O centro arqueolóxico de Dombate acolleu hoxe a presentación da programación cultural O dolmen de Dombate, a Cibdá, San Fins do Castro e Riobó volverán a ser os protagonistas das actividades culturais que vén de presentar o concello de Cabana para os vindeiros meses. O acto de presentación tivo lugar hoxe, no centro arqueolóxico de Dombate nun acto ao que asistiron Pablo Cayado, Iván Villaverde - membros do staff técnico da IV Más talento-, Silvia Losada - dinamizadora cultura e monitora de teatro -, Martín Martínez - técnico de cultura e xuventude-  e José Muíño - alcalde de Cabana-. A oferta é do máis variada e hai actividades para todos os públicos. Unha das novidades é o I simposio internacional de cantería que terá lugar no dolmen de Dombate entre o 15 e 17 de xullo. Os amantes da música e do baile tradicional terá dúas citas importantes este verán en Cabana. A primeira foliada será o 17 de xullo en Borneiro como anticipo ás festas do Carme do Briño. e A outra, a primeira Foliada Farrapeira, será o 25 de xullo, a partir das dúas da tarde, no campo de san Fins do Castro, en Cesullas. Volve de novo o Castro Animado e as visitas guiadas, tanto de noite o como de día, ao centro arqueolóxico de Dombate. De xullo a setembro, haberá visitas guiadas de luns a domingo de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas. Mentras que nas noites de todos os venres de xullo e agosto ofreceranse visitas guiadas con inscrición previa no 657 05 48 80. O horario é de 23 a 00 horas. Agosto comeza cun dos días grandes do concello de Cabana: a romaría de San Fins do Castro, en Cesullas. Tamén se repite a ruta das estrelas, que será o 11 de agosto ás 22 horas, con Jorge Mira como guía. Xa o día 13, a parroquia de Riobó trasládase ao medievo coa tradicional prevoda e a cita coa artesanía, gastronomía,.... O dolmen de Dombate volve a ser o protagonista da programación os días 7, 14, 21 e 28 de setembro xa que acolle o I simposio dolmen de Dombate. E o broche final do programa cultural e deportivo deste verán será o 24 de setembro, coa III carreira popular.  

Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios