Venres. 29.03.2024
El tiempo

Cabana di NON á loita común contra a violencia de xénero

Cabana en negro
Cabana di NON á loita común contra a violencia de xénero

Facilitou o Concello de Cabana a creación vídeo en galego de Rozalen polo Día Internacional a Violencia de Xénero. Porén non aprobou o pleno municipal, polos votos en contra do PP, a unión á campaña En Negro que comezaba no Concello de Santiago e á que están adheridos xa ducias de concellos de toda a provincia. De feito, só os concellos de Coristanco e Cabana están fóra desta campaña, que tinguiu de negro a provincia durante o pasado 25N.

A moción foi votada coma a urxente, cos votos a favor de BNG, PSOE e Unidos por Cabana, pero os 8 concelleiros da maioría absoluta popular botárona abaixo.

O BNG, promotor da moción, “alédase do labor de sensibilización que se está facendo o grupo Son de Cabana, anque se seguiu a facer fincapé en que todos os esforzos son poucos, en que a solución é traballar dende a base”.

Foi unha sorpresa para o voceiro nacionalista, David Cancela, o “NON” do grupo popular, que escudouse en que “a alcaldía non ten por costume traballar con mocións xenéricas”, evitando así terse que mollar en contra de administracións, como a Xunta, da súa cor.

Novas relacionadas

Comentarios