A familia do Cabana volverá ser o epicentro do fútbol base costeiro, como aconteceu coa impecable organización da final da Copa da Costa de F8. Unha final que serve de perfecta excusa, ademais do incansable traballo de formación e de fomento da súa canteira, para que a familia QPC queira entregar o IV Premio Especial Abdoulaye á familia cabanesa.
Dende o presidente Míchel, pasando polo coordinador da base José Manuel, o eterno Delegado Rafa Neaño, ou adestradores que veñen dende abaixo ata arriba como Pablo e Fernando, o club rossonero sempre aposta pola xente da casa, e iso cómpre ser destacado.
Por iso, este venres na VI Gala do Fútbol da Costa - QPC que se celebra na Casa da Cultura de Olveira, en Dumbría, alí estará unha delegación da SD.
E o sábado comezará o seu XI Torneo Futbol Base Cababa, en categorías Prebenxamín, Alevín e Cadete (durante a xornada sabatina) e Benxamín e Infantil (o domingo). 42 equipos copnvertirán as Redondas nunha auténtica festa.
Ademais, este sábado o Cunchido acolle o V Torneo de F7 Serra de Outes, con 1000 puntos para o gañador e 500 para o segundo clasificado.