Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Cae co seu tractor por un terraplén de 5 metros en Coristanco

Cae co seu tractor por un terraplén de 5 metros en Coristanco

Viaxaba co seu tractor pola estrada que une Coristanco e Santa Comba cando, a altura do lugar das Farrapas, facendo unha manobra cara atrás, o tractor saltaba unha finca e despois caía por un desnivel de 4-5 metros. Afortunadamente o condutor non quedou atrapado, senón que saíu despedido do tractor, se ben finalmente o tractor non acabou de envorcar.

De contado chegaba a Policía Local (arredor das 11:30h), e nun rato acodía a ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, para atender ao condutor, que presentaba un forte golpe na cabeza, polo que foi trasladado ao centro hospitalario de referencia.

Tamén se achegaron os membros de Protección Civil, que axudaron nas labores de control de tráfico, avisouse aos membros do GES de Ponteceso e prealertouse aos Bombeiros de Carballo por se fosen necesarios.

Comentarios