Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Cámara abre un programa de Apoio ao Comercio Minorista cunha sesión informativa en Cee

Cee e Comarca Costa da Morte, Programa Cámara Comercio de A Coruña, apoyo al comercio minorista copia
A Cámara abre un programa de Apoio ao Comercio Minorista cunha sesión informativa en Cee

Este venres 18 de setembro ás 16:30 h. na Casa da Cultura do Concello de Cee, a Cámara de Comercio da Coruña comeza unha rolda de presentacións da súa nova campaña de apoio ao Comercio Minorista na Costa da Morte. Será a primeira reunión informativa, que durará media hora, e que servirá para coñecer as bases das novas axudas da entidade.

Un programa enfocado a mellorar a competitividade dos comercios locais e fomentar a innovación, tendo varias liñas de traballo:

  • Realizar unha proposta de valor diferente á competencia..
  • Crear unha experiencia de compra.
  • Como podemos comunicar mellor a nosa proposta de compra.<7li>
  • Como mellorar a circulación na nosa tenda: Visual Merchandising.
  • Potenciar a exposición de produto creando un escenario idóneo.
  • Optimizar o escaparate.
  • Deseñar un calendario de campañas.
  • Dinamización comercial.
  • Venda en liña.
  •  

Poden acodir á sesión informativa ou pedir máis informaciónao xestor de zona no 664 012 870.

Comentarios