Martes. 16.04.2024
El tiempo

Camariñas abre o prazo de preinscrición para os campamentos de verán pero espera máis información sobre os protocolos

Conciliacion camarinas
Camariñas abre o prazo de preinscrición para os campamentos de verán pero espera máis información sobre os protocolos

Coa chegada da Fase 3, parece que os Concellos, despois das numerosas queixas teñen unhas pequenas nocións sobre como desenvolver os Campamentos de Verán, fundamentais para a conciliación. A Escola de Verán da Asoc. Monte Branco do Couto en breve abrirá o prazo de inscrición, e por Camariñas, o Concello anuncia que abre hoxe o prazo de preinscrición para os campamentos ‘Concilia’ de verán e de actividades náuticas.

En todo caso, desde a administración local apuntan que ‘cando os protocolos de actuación sexan oficiais, lanzaremos o periodo de inscrición’.

O Concello lanza un formulario en liña, que se pode cumplimentar desde o sitio web da administración e tamén desde a páxina de Facebook. O prazo remata o 14 de xuño ás 23:59 horas.

Novas relacionadas

Comentarios