Venres. 29.03.2024
El tiempo

Camariñas acolle este sábado a II Danza Rosa

Imaxe da Danza Rosa do ano pasado
Camariñas acolle este sábado a II Danza Rosa

O Concello de Camariñas fai por segundo ano consecutivo un chamamento á cidadanía para que se sume á Danza Rosa que levará a cabo o sábado 26 de outubro (foi aprazada o pasado 19) en colaboración coa Xunta Local de Camariñas da Asociación Española Contra o Cancro para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama. 

A actividade consiste nunha danza de arcos, con punto de saída na praza do concello e chegada ata o porto, en apoio contra o cancro de mama e con todas as persoas que loitan ou loitaron contra esta enfermidade. Todas aquelas persoas que desexen participar e queiran facelo vestidas con camisetas e panos rosas deberán anotarse na Casa de Pedra, en horario de 10 a 14 horas, poñéndose en contacto coa técnica de Igualdade.

Comentarios