Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Camariñas baixa o índice de criminalidade pero sofre un repunte no consumo de drogas entre a xente nova

Camariñas baixa o índice de criminalidade pero sofre un repunte no consumo de drogas entre a xente nova
Xunta Seguridade Local de Camarinas Xunta Seguridade Local de Camariñas

Os últimos sucesos acaecidos en Camariñas fixeron saltar as alarmas sobre un hipotético repunte da criminalidade na viña encaixeira. Pero os datos reflicten todo o contrario, o índice de criminalidade deste Concello é de 20,4 delitos por 1.000 habitantes, manténdose por baixo da media provincial, que ascende a 29,7.

Así informaron onte ao Concello a subdelegada do Goberno, Pilar López-Rioboo, como o coronel da Garda Civil, Francisco Javier Jambrina Rodríguez, durante a Xunta de Seguridade convocada no Concello. Unha reunión que serve para “tranquilizar” alcadesa Sandra Insua, que se amosou “satisfeita” con eses datos.

Se ben destacaron o incremento da taxa de eficacia policial, que mide o índice de esclarecimiento de delitos (sobe este ano 15 puntos e alcanza o 43,6%), a Garda Civil recoceñía un importante repunte no consumo de drogas entre poboación nova. Ante esta situación, a Xunta aprobou a posta en marcha de campañas de concienciación contra o consumo sustancias estupefacientes, sobre todo no ámbito escolar, que serán dirixidas por persoal da Garda Civil, semellantes as que realizaron Cruz Vermella polos institutos.

Reactivar a mesa local contra a violencia de Xénero

Acordouse a reactivación da mesa local de coordinación contra a violencia de xénero, despois de contabilizar un caso no 2018. Trátase dun órgano cuxo obxectivo é promover, no ámbito municipal, políticas e actuacións integrales para erradicar a violencia de xénero, e que reúne a representantes de administracións e colectivos implicados na acción contra a violencia de xénero.

Ademais, o encontro serviu para artellar medidas de prevencións para os turistas ante os posibles roubos nas praias.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/detido-un-mozo-de-camarinas-por-romper-o-cristal-do-cuartel-da-garda-civil/ https://quepasanacosta.gal/cruz-vermella-leva-temas-de-educacion-sexual-e-prevencion-de-drogas-as-escolas-da-bisbarra/

Comentarios