Venres. 19.04.2024
El tiempo

Camariñas denuncia que o programa da Xunta contra a velutina non inclúe o trampeo

O Concello arrincou, con 96 raíñas, a campaña de trampeo da velutina
Trampeo_Velutinas (2)
Trampeo_Velutinas (2)
Camariñas denuncia que o programa da Xunta contra a velutina non inclúe o trampeo

A comarca prepárase a campaña de trampeo para reducir a formación de niños de vespa velutina. Por Camariñas xa comezaron e xa levan, polo momento 96 raíñas capturadas polo equipo de operarios municipais. Levan colocando trampas, de índole caseira, nas árbores con flor, onde a velutina se achega a polinizar (como camelia), consistentes nunha mestura de alcoles con substancias doces, como o vermú, viño blanco, zume de arándanos, e diversas variedades de alcol branco, como poden ser a xinebra ou o ron.

Trampeo_Velutinas (1)

O concello vén de solicitar a adhesión ao proxecto da Xunta de Galicia para loitar contra a velutina. Un programa coxo, pois só contempla a retirada de niños e non inclúe a campaña de trampeo. “Para nós esta decisión é un erro, o trampeo elimina a raíña e reduce a formación de futuros niños”, lamentan desde o goberno local á vez que critican que “temos que asumir novamente co orzamento municipal o traballo que debería levar a cabo a Xunta”.

Novas relacionadas

Comentarios