Venres. 29.03.2024
El tiempo

Camariñas deseña o dispositivo de seguridade para a Mostra e reactiva a mesa local de coordinación contra a violencia de xénero

Xunta Local de Seguridade de Camarinas
Camariñas deseña o dispositivo de seguridade para a Mostra e reactiva a mesa local de coordinación contra a violencia de xénero

Este pasado xoves tivo lugar a Xunta Local de Seguridade relativa á XXIX Mostra do Encaix de Camariñas. Na reunión, o xefe da Comandancia da Coruña, o teniente Fernando Pedreira Lata Teniente Coronel, e a subdelegada do Goberno, Pilar López- Rioboo, explicaron detalladamente o dispositivo que está preparado para o evento de moda, no que haberá unha patrulla da Garda Civil todos os días ademais de controis de tráfico, axentes de paisano e efectivos da Policía Local e Protección Civil.

Criminalidade e violencia xénero

A reunión serviu tamén para conrimar que actualmente Camariñas está 8 puntos por debaixo do índice de criminalidade da provincia.

No apartado da violencia de xénero, acordouse a reactivación da mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero nas que se tratará de mellorar a asistencia ás vítimas.

Novas relacionadas

Comentarios