Venres. 19.04.2024
El tiempo

Camariñas mellorará os accesos do paseo marítimo de Camelle

Camariñas- Paseo Camelle
A alcaldesa, Sandra Insua; o concelleiro de Obras, Sergio Caamaño e a concelleira de Servizos Sociais, Begoña Tajes, acudiron esta mañá ás tarefas de replanteo.
Camariñas mellorará os accesos do paseo marítimo de Camelle

Canta falta fai mellorar os accesos ao porto, o corazón, de Camelle. De aí a necesidade das obras que o Concello de Camariñas vai desenvolver nas vindeiras datas.

Dentro dos traballos, que teñen un orzamento de 68.232, 43 euros, contémplase a rehabilitación e renovación dun tramo da rúa Campo de Area, que dá accceso ao paseo marítimo, dentro do núcleo urbano de Camelle. Renovarase a rede de saneamento, construirase unha nova rede de pluviais, e tamén novas acometidas de saneamento, pluviais e abastecemento de auga.
Tamén se realizará a urbanización da rúa anteriormente mencionada, a de Campo de Area, coa que se busca aumentar a seguridade dos peóns e acondicionalas para persoas con mobilidade reducida.

Estímase que a duración das obras será de dous meses desde o comezo das mesmas.

Comentarios