Camariñas organiza un curso sobre a vespa velutina e outro sobre a enoloxía
07:09 13/12/16
O curso está organizado polo servizo de asesoramento e formación medioambiental posto en marcha recentemente
O servizo de asesoramento e formacion medioambiental do concello de Camariñas, posto en marcha recentemente, organiza para as estas semana varios cursos de temática ambiental.
O primeiro deles será sobre a vespa velutina, ou tamén coñecida como vespa asiática. Tratarse temas como que é, de onde vén que efectos negativos ten sobre o medio ambiente e os risco que lle supoñen as abellas ao ser humano. O curso realizarase en distintas parroquias do concello. En Carmaiñas será o día 15 de decembro, de 10:30 a 12:30 horas no centro de inciativas. O venres, 16 de decembro, terá lugar no museo de man de Camelle entre as 10:30 e as 12:30 horas. O sábado, día 17, terá lugar na casa da Sociedá de Xaviña entre as 18:30 e as 20:30 horas. E na Ponte do Porto terá lugar o domingo día 18 no centro sociocultural entre as 11:30 e as 13:30 horas.
Outro dos cursos será sobre a enoloxía na que os asistentes aprenderán distintas nociós sobre os distintos tipos de viños. O curso desenvolverase na Casa de Pedra de Camariñas os días 22 e 23 de decembro en horario de 18:30 a 20:30 horas.
Tamén está previsto realizar un curso de enxerto e outro de poda.
Máis información
Os interesados en participar poden anotarse no 610.568.051, no enderezo correo electrónico [email protected] ou na Casa do Concello, na primeira porta á dereita ao carón da entrada. O horario ata o finais de febreiro é os mércores de 9 a 14 horas e os xoves de 9 a 11 horas. O servizo está financiado polo Plan provincial do Medio Ambiente da Deputación da Coruña.
Novas relacionadas
- Camariñas estrea novo servizo de Formación Ambiental e Agrícola
- “Os composteiros caseiros son moi agradecidos, bótaslles residuos e devólvenche compost”.
- Camariñas recicla case un 200% máis.
- 3 experiencias camariñás, exemplo europeo de desenvolvemento rural.
- Camariñas fai máis ecolóxica a agricultura caseira.
- Dous mozos de Costa de Marfil fórmanse no EFA Fonteboa para crear unha escola agrícola no seu país.
- Da importancia da Formación Rural na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Camariñas.