Venres. 29.03.2024
El tiempo

Camariñas pecha as fontes por recomendación do Servizo de Control de Riscos Ambientais

Fontes pechadas en Camarinas
Unha das fontes camariñas cun cartel indicativo
Camariñas pecha as fontes por recomendación do Servizo de Control de Riscos Ambientais

Nova comisión de seguimento, de novo por videoconferencia, da evolución do Coronavirus a celebrada en Camariñas esta mañá de luns. Non hai novidades con respecto á comisión anterior en canto ao saldo de denuncias e os operarios seguen a traballar na desinfección dos espazos e do mobiliario público.

Os que si traballan arreo son os profesionais de Servizos Sociais, que lle levan a compra a 6 usuarios, ao tempo que Protección Civil fixo unha entrega de alimentos de emerxencia de Cruz Vermella.

Mentres, o servizo de correos xa comezou o reparto casa por pasa das #máscaras feitas polas persoas voluntarias.

A novidade é que ,seguindo as recomendacións do Servizo de Control de Riscos Ambientais pecháronse todas as fontes de titularidade municipal que están na vía pública. Hai mananciais nos que é imposible o seu peche e, polo tanto, instaláronse carteis.

Outras novas de Camariñas

Comentarios