Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Camariñas personaliza os seu mobiliario urbano e organiza novas visitas guiadas

Mobiliario camariñas
Camariñas personaliza os seu mobiliario urbano e organiza novas visitas guiadas

Humanizar as rúas a través da arte é unha das accións que máis está medrando na comarca. Á marabillosa moda do grafiti pode unirse agora a personalización do mobiliario urbano, a última medida que está tomando o Concello de Camariñas. Como exemplo, este banco serigrafiado con versos da popular canción homónima.

Trátase esta dunha experiencia piloto, que se prolongará no tempo se a resposta dos veciños resulta positiva e satisfactoria. “Malia que o sentimento de orgullo e pertenza que a nosa vila xera en todos nós e imposible de cuantificar, estas pequenas pinceladas da nosa historia que pretendemos plasmar pola rúa son unha boa forma de que calquera que nos visite poida captar o noso sentir”, explica a alcaldesa, Sandra Insua.

Visitas guiadas

Visitas guiadas camariñas

O Concello de Camariñas ofrecerá durante a última fin de semana do mes de setembro unha serie de visitas guiadas gratuítas baixo o nome de “Camariñas, vila mariñeira”. Os días e horas nos que se levarán a cabo serán o venres 25 de setembro ás 17:00 horas, e o sábado 26 e domingo 27 do mesmo mes ás 12:00 e 17:00 horas, xa que haberá dúas quendas horarias.

Malia que a reserva de prazas para os percorridos é de balde, os interesados deberán ter en conta que o número máximo de persoas por grupo será de 10 e que as inscricións faranse no PIT do paseo marítimo, no teléfono 981 737 204 ou no correo turismo@camariñas.net.

Comentarios