Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Camariñas, Ponteceso e Vimianzo únense para fomentar as rutas de sendeirismo

Camariñas, Ponteceso e Vimianzo únense para fomentar as rutas de sendeirismo
  • Última hora: A ruta do 6 de maio foi trasladada ao 12 de maio e está aberto o prazo de inscrición ata un día antes.

Gran iniciativa conxunta a que presentaron hoxe os Concellos de Vimianzo, Camariñas e Ponteceso. Foi o departamento de deportes do Concello vimiancés o que prantexou unha colaboración entre os tres concellos veciños, dos poucos da zona que coidan o potencial natural da nosa bisbarra. E a resposta un completo programación de 4 rutas de sendeirimos para esta primavera.

Unha aposta, a do sendeirismo, que xa repasamos preguntándonos pola importancia dos Roteiros homologados na Costa da Morte, e que en vindeiras datas volveremos a retomar da man do propio Javier Couto, técnico de turismo do Concello de Ponteceso, que participaba esta mañá na presentación do programa xunto aos alcaldes de Camariñas e Vimianzo e o técnico deportivo vimiancés, Víctor Santos.

E aquí as describimos unha por unha as 4 rutas desta primavera.

Roteiro pola Ribeira do Río Grande

Comeza o programa o domingo 6 de maio cunha ruta moi bonita, aínda que algo “duriña” polo irregular do terreo. Son 17 km. entre Vimianzo e as Torres de Cereixo.
Os principais atractivos da ruta son: a ribeira do Río Grande, xa que na súa maior parte son tramos pegados ó río e teremos a oportunidade de camiñar por sendeiros inéditos ata agora e moi fermosos. Colleremos o río en Pasarela e seguirémolo practicamente ata a súa desembocadura. No remate da ruta poderemos acceder ó interior do recinto das Torres de Cereixo (algo pouco habitual, xa que son de propiedade privada). No tramo final da ruta (dende o merendeiro de Lexas) unirémonos a un grupo de sendeiristas do Concello de Camariñas que farán unha ruta alternativa e se unirán a nos para rematar en Cereixo.

  • Data de inscrición ata o 3 de maio. Saída: 9:00 am. praza do Concello.

Ruta por Camariñas

O sábado 26 de maio organizamos unha ruta conxunta co Concello de Camariñas para percorrer o litoral da vila do encaixe e subir ó monte da Vela para gozar dunha impresionante vista panorámica da Costa da Morte. En total uns 17 km. de andaina na que pasaremos preto do faro do Cabo Vilán e subiremos á capela da Virxe do Monte.

  • Data de inscrición ata o 24 de maio.

Roteiro polos Penedos de Pasarela

Será o sábado 2 de xuño. Con saída na Praza do Concello, visitaremos o Pazo de Trasariz e despois dirixirémonos a Pasarela para admirar as curiosas formas que presentan os Penedos. Acompañaranos o historiador Xosé Mª Lema, quen nos relatará a historia dos Penedos e do seu valor. Logo dirixirémonos a Traba e dende aí ata Soesto, para rematar na vila de Laxe despois de 22 km. de andaina.

  • Data de inscrición ata o 31 de maio.

Roteiro polo Cabo Home-Illas Cíes

Son dúas rutas que faremos o 16 e 17 de xuño. O sábado faremos unha andaina de 10 km. pola península do Morrazo e poderemos admirar as fermosas paisaxes das Rías Baixas.
Pasaremos a noite no albergue Príncipe Felipe en Pontevedra (incluída cea, almorzo e comida pícnic do domingo).
O domingo colleremos un barco en Vigo que nos levará ata as illas Cies, onde faremos outra andaina de 10 km. visitando os lugares máis importantes deste Parque Natural.

Se ben as 3 primeiras son de balde, esta ruta ten un cota de inscrición de 50 € (incluído transporte autobús, barco e albergue). Máximo de 50 prazas.

  • Data de inscrición remata o 31 de maio.

Inscrición

Podedes inscribirvos por teléfono (981 716 001 / 981 717 288), por email [email protected].
Ou na web www.vimianzo.es (especificando no apartado “obeservacións” a que ruta ou rutas queredes inscribirvos)

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios