Venres. 19.04.2024
El tiempo

Camariñas usará o POS+ para o pago a provedores e o Servizo de Axuda no Fogar

PlenoCamariñas200121
Pleno telemático en Camariñas
Camariñas usará o POS+ para o pago a provedores e o Servizo de Axuda no Fogar
Dos 13 millóns de euros que a Deputación destina á Costa da Morte no POS+ 2021, Camariñas recibe uns 400.000€. O pleno do pasado venres servía para aprobar, cos votos a favor do PSOE e a abstención de PP e BNG, a proposta do goberno

O Concello destinará 268.638,97 euros para asumir o pago a provedores e 38.968,75 euros para reducir a débeda coas entidades bancarias.

Ademais, os 100.000 da partida social que obriga a Deputación destinarase ao Servizo de Axuda no Fogar, que será máis doado de xustificar, como están a facer o resto de concellos

Tamén aprobaron o Plan Único Complementario (por se hai novas partidas), valorado en total en 289.081,54 euros, e que se destinará a diferentes proxectos:

  • Mellora e acondicionamento das rúas Rozas e Rucheira en Arou.
  • Reparación do pavimento na rúa Virxe do Monte de Camariñas.
  • Reordenación do espazo público destinado á creación do parque infantil de Xaviña.
O pleno tamén aprobou por unanimidade a concesión dunha subvención nominativa de 5.000 euros ao Clube Balonmán Camariñas.
Aprobouse cos votos a favor do PSOE e a abstención do PP e BNG un recoñecemento extraxudicial de crédito de 444.444,74 euros para o pago de facturas pendentes a provedores.
 

Comentarios