Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Camariñas, un dos poucos Concellos que lembra as obrigas aos propietarios da limpeza das parcelas forestais

1. Fotografía primeiras actuacións realizadas
1. Fotografía primeiras actuacións realizadas
Camariñas, un dos poucos Concellos que lembra as obrigas aos propietarios da limpeza das parcelas forestais

Poucos Concellos toman en serio as obrigas da Lei de Prevención e Defensa contra Incendios, que obriga aos propietarios. Apenas Santa Comba, Ponteceso e Camariñas están realizando unha campaña informativas para lembrar aos propietarios a súa obrigación de manter limpas de biomasa as súas parcelas.

Volve este mes de setembro o Concello de Camariñas que está a informar aos propietarios das súas obrigas de limpeza e xestión da biomasa nas súas parcelas. Faino a través do recentemente estreado Servizo de Planificación e Prevención de Incendios Forestais para o que se contratou en xullo a un enxeñeiro forestal subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo dentro do programa Aprol Rural.

O técnico xa está visitando as zonas, enviando notificacións aos propietarios que teñan que facer limpezas. Algunhas non chegan ao seu destino ou teñen propietarios descoñecidos, polo que serán expedientadas e unha vez notificadas no Diario Oficial de Galicia, procederase á execución subsidiaria con cargo á propiedade, sen prexuízo da sanción correspondente.

Recomendacións

As recomendacións principais son evitar a colonización de especies prohibidas nos primeiros 50 metros perimetrais ás vivendas, como pinos, eucaliptos ou acacias.

É recomendable a plantación de especies permitidas a 15 metros das vivendas, recollidas no anexo II da lei de montes de Galicia, como carballos, castiñeiros, freixos, bidueiros, etc. Estas especies, ademais de evitar que a maleza medre con tanta forza e facilitar a labor da xestión da biomasa, melloran a biodiversidade da zona, serven de cinto verde fronte os incendios, proporcionan un aproveitamento para os propietarios, etc.

Poster servizo forestal - copia 2

Máis información

Para resolver calquera dúbida, poderase solicitar asesoramento do técnico, presencialmente no concello de Camariñas na Casa de Pedra, en horario de atención ao público con cita previa no contacto 653 27 69 89, ou a través do enderezo electrónico [email protected].

Novas relacionadas

Comentarios