Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Camariñas reforza a limpeza nos supermercados e completa a desinfección das rúas de Camelle

Desinfectando supermercados en Cmarinas
Camariñas reforza a limpeza nos supermercados e completa a desinfección das rúas de Camelle

A reunión, en liña, da comisión de seguimento da evolución do Coronavirus en Camariñas deu varias conclusións. Entre elas, deu conta do reforzo que o persoal do servizo de limpeza, que estes días traballaba nos centros educativos, pavillóns, mercado e cemiterio, e agora xa andan limpando as entradas dos establecementos de acceso público (supermercados, panadarías, farmacias, estancos, gasolineira...) e tamén os vehículos municipais e o almacén.

Mentres continúa o reparto de mascarillas feitas polas persoas voluntarias do Concello a distintas empresas abertas e entregáronselle a Correos para que reparta 2 por cada casa.

Ademais, a comisión apunta que o comezo do Estado de Alarma as forzas de seguridade identificaron a 128 persoas, interceptaron 17 vehículos e elevaron 6 propostas de sanción.

Paralelamente, os médicos de cabeceira seguen en contacto coa alcaldesa para transmitirlle o número de enfermos, pero sen nomes nin apelidos.

Comentarios