Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Camariñas tinguiu de rosa os seus arcos polo cancro de mama

Camariñas tinguiu de rosa os seus arcos polo cancro de mama
Camariñas_Danza_Rosa_2 copiaCamariñas_Danza_Rosa_2 copia Danza de Arcos de cor rosa en Camariñas polo Día Mundial contra o cancro de Mama

Fermosa conmemoración a que realizou todo Camariñas este pasado sábado, polo Día Internacional contra o Cancro de Mama. A vila encaixeira mesturou tradición con reivindicación e apoio e armou unha fermosa Danza de Arcos de cor rosa, a cor desta loita social.

Boa parte da veciñanza quixo sumarse a esta acción en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, que encheu de cor a praza do Concello e chegou ata o porto camariñán./p>

Ademais dos comprometidos arcos, feitos para a ocasións, as participantes levaban camisetas e panos rosas, para visibiilizar un dos cancros máis habituais da nosa sociedade actual, e ante o que fai falta reincidir na prevención e no diagnóstico precoz.

Paralelamente as asociacións AECC de Cee e Carballo sacaron tamén á rúa a súa marea verde.

As Cantareiras de Verdillo foron parte da marea verde da AECC en Carballo As Cantareiras de Verdillo foron parte da marea verde da AECC en Carballo

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-costa-volcase-polo-dia-mundial-contra-o-cancro-de-mama/ https://quepasanacosta.gal/mulleres-da-comarca-comparten-experiencias-nunha-xornada-sobre-o-cancro-de-mama/

Comentarios