Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Camariñas únese á Liga Galaica de Resistencia BTT da man os Baikers do Vilán

Presentacion Liga Galaica BTT Camarinas
Presentación da Liga Galaica BTT na que participa Camariñas
Camariñas únese á Liga Galaica de Resistencia BTT da man os Baikers do Vilán

Onte tiña lugar a presentación en Noia a nova Liga Galaica de 3 horas de Resistencia BTT. Un circuito de 3 carreiras que se celebrarán en Noia, Ames e Camariñas. Os Baikers do Vilán son os culpables, xunto o club ciclista O Toxo de Noia e Os Esfola Arrós de Ames, de facelo realidade, en colaboración cos 3 concellos.

A liga arrincará o 26 de xaneiro en Noia, terá a segunda proba o 2 de febreiro e Ames e pechará o 16 de febreiro en Camariñas.

As tres probas rexeranse por un mesmo regulamento, contarán cun máximo de 400 prazas dispoñibles e as inscricións poderán formalizarse en www.magmasports.es. O custe da inscrición é de 15 € por participante individual, 24 € para as persoas que participen en parella e 30 € para as que o fagan en tríos.

O concelleiro de Deportes de Camariñas, Fabián Canosa considera que se trata dunha “boa oportunidade para xuntar varios concellos e que isto sexa o inicio dunha liga que sexa importante en Galicia”, polo que augurou “un mes intenso de probas BTT nas que agardo que haxa moitos participantes e que sexa o inicio de algo importante e con continuidade”.

Circuíto da Caramiña

O Circuíto da Caramiña terá lugar o domingo 16 de febreiro, ao longo dunha senda peonil dende a vila de Camariñas e o faro de Cabo Vilán. Unha cita na que, ademais dos premios propios do circuíto, tamén se fará entrega dos premios aos mellores clasificados nas tres probas das que consta a Liga Galaica de 3 horas de Resistencia BTT.


 

Comentarios