Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Camariñas sumerxeráse no meirande programa cultural adicado a un naufraxio de Galicia

Camarinas co City of Agra
Camariñas sumerxeráse no meirande programa cultural adicado a un naufraxio de Galicia

Despois dos emotivos actos de cada novembro arredor do Serpent, e un anos despois de comezar a recuperar a súa historia, Camariñas vivirá o meirande programa cultural adicado a un naufraxio de Galicia. 

Fernando Patricio Cortizo, da asociacion cultural Naufraxios Galegos, presentaba no Museo Man de Camelle un relatorio titulado ‘City of Agra, 123 Anos na Memoria’, que serviu para presentar o programa do evento que se levará a cabo no mes de maio de 2020. 

Camelle e Arou vivirán durante o 22, 23 e 24 de maio tres xornadas de exposicions, roteiros, música e mercadiño mariñeiro, na homenaxe do afundimento do City of Agra.

Novas relacionadas

Comentarios