Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Camelle dende o ceo

Camelle dende o ceo

Espectacular as imaxes que vén de cazar Luís Azurmendi Tedín da súa terra, Camelle. Coa axuda dun dron, Luís vén de facer este vídeo da pequena vila camellá de 800 habitantes e as súas maiorías naturais.
Luís estivo a tope durante a pasada fin de semana aproveitando o bo tempo, porque xa se sabe que aquí “como entre o nordés estamos fodidos por un mes”, comenta.

Un Luís que leva máis de 5 anos de afecció ao dron, e sacándoo a voar sempre que pode. Agora, este programador de páxinas web e amante das impresoras 3D, quere convertir esta afección nunha dedicación profesional pois considera que pode ser unha ferramenta tremendamente útil para traballar. Explica esa evolución do seguinte xeito. “Xunteime cunha xornalista e espertoume o gusanillo de darlle a esta Costa a categoría que se merece, porque si, son de Camelle e crecín nesta herba e nestas rocas e sinto que non sabemos o que temos e deberiamos de potencialo máis”. E que mellor ferramenta para espallar o noso patrimonio natural que imaxes coma estas.

Conta ademais co título de piloto profesional de dron, seguro da aeronave e de responsabilidade civil, polo que está desexando poñerse a traballar.

Un dos seus últimos traballos audiovisuais para o proxecto En la Sobra, desenvolto por Helena Martínez de Aspe, vén de ser seleccionado para o Festival Internacional de Derechos Humanos de Bogotá en agosto. Veremos se algún vídeo costeiro de “Costa da Morte Drone” tamén traspasa as nosas fronteiras.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios